Novas

II Basket Na Rúa (Fingoi)

O pasado sábado día 14 estivemos no Barrio de Fingoi desenrolando a actividade patrocinada e organizada polo @concellolugo e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E @xuventude_lugo a través do Programa +XTI, BASKET NA RÚA.

Queremos agradecer á Dirección do CEIP Illa Verde, as facilidades para que a mesma tivese lugar no interior do centro educativo por mor das inclemencias meteorolóxicas.

Recibimos a visita de @42ergiquintela e de @ivan_cruz08, horas antes de disputar co @cbbreogan o derradeiro partido desta tempada fronte ó Unicaja.

@maximusbreo repartíu entradas para tódolos asistentes inscritos para presenciar o devandito encontro.

Se tes entre 10 e 18 anos, agardámoste o vindeiro sábado día 21.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *