Novas

+ Que Basket No Rural. Clausura Begonte

Onte demos por rematado o proxecto da Fundación Breogán “Máis Que Basket No Rural” desta tempada.
E fixémolo sendo fieis á motivación desta iniciativa apoiada e simbolizada polas nosas empresas benefactoras @riodegalicia e @pazodevilane: dende o rural lucense e ca ollada posta no desenvolvemento e no ilusionante futuro que representan os nenos e nenas da nosa provincia.

Máis de medio cento de asistentes á charla “Mulleres Emprendedoras No Rural”, asistiron e participaron, das experiencias de @carmen.lence e @nuriavarelaportas relacionadas co mundo empresarial e na que non faltaron un bo feixe de anécdotas persoais.

Tamén houbo tempo para repartir agasallos ós participantes dos adestramentos: diploma de participación, balón de baloncesto e un Optipro para cada un deles.

A sorpresa final, sen embargo, estaba reservada para D. José Ulla, Tenente Alcade do @concellobegonte, xa que os rapaces e rapaces tiñan reservada para el a camiseta oficial do Proxecto asinada por todos eles.

Moitas grazas ás nosas empresas benefactoras @riodegalicia e @pazodevilane, pola súa implicación e por permitirnos desenrolar este tipo de proxectos, e especialmente ó Concello de Begonte, que nos acolleu ó longo de 5 semanas cun trato e cunhas facilidades excepcionais. Amosando que son un Concello con moita vida e que teñen moi en conta á súa xente, traballando arreo para que dispoñan de todolos servizos e oportunidades posibles.

Pola nosa parte, voltaremos a vindeira tempada con novos “Máis Que Basket No Rural” en máis Concellos do rural lucense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *