Novas

III Basket Na Rúa (Sagrado Corazón)

Nun día tan especial como foi o pasado sábado, no que a cidade de Lugo viaxa ó pasado para celebrar o “Arde Lucus”, a resposta dos rapaces que decidiron achegarse ó “Basket Na Rúa” no Sagrado Corazón foi masiva.

Máis de medio cento de xóvenes deportistas gozaron dunha nova edición deste proxecto patrocinado e organizado polo @concellolugo e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E @xuventude_lugo a través do Programa +XTI.

Contamos ca presenza do Sr. Concelleiro D. Miguel Fernández Méndez, que nos axudou a repartir a cada un dos inscritos a camiseta do @cbbreogan edición “Arde Lucus”.

Voltaremos o vindeiro sábado 18 con máis baloncesto e hábitos saudables ó Sagrado Corazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *