Grazas ás votacións das nosas socias e socios benefactores, este ano a entidade que recibirá a doazón benéfica anual da Fundación Breogán é o Centro de Menores OLLOS GRANDES, cun 39,2% dos votos totais.
O talón simbólico será entregado o próximo sábado 24 de xaneiro, nun dos descansos do encontro entre o C.B. Breogán e o Real Madrid, no Pazo dos Deportes de Lugo.
Desde a Fundación Breogán, queremos agradecer a todas as persoas socias e empresas benefactoras o seu apoio e implicación. Grazas por facer posible, un ano máis, unha nova edición do Proxecto Experiencia Breogán, dando visibilidade e respaldo a entidades que realizan unha labor social imprescindible.
