Novas

SENFILTROS | 2ª TEMPADA

Hai conversacións que poden cambiar unha vida.

SenFiltros naceu para crear espazos seguros onde os mozos e mozas poidan falar con liberdade do que realmente lles preocupa: o bullying, o ciberacoso, a saúde mental, a autoestima, a ansiedade ou a importancia de pedir axuda cando a necesitan.

Da man da Fundación Breogán, do Proxecto de Bana e Samuel del Árbol, este proxecto achega aos centros educativos unha proposta baseada na escoita, na empatía e no diálogo, ofrecendo ferramentas para comprender mellor o que sentimos e afrontar os retos do día a día.

Durante a súa primeira tempada, #SenFiltros chegou a distintos centros educativos de Lugo, abrindo conversacións honestas e necesarias co alumnado da ESO.

No curso 2026/27 celebraremos a súa 2ª tempada, reafirmando o noso compromiso cunha mocidade que merece ser escoitada, comprendida e acompañada.

Porque ás veces, o máis valente que podemos facer é falar.