Novas

BOAS PRÁCTICAS | 2ª TEMPADA

Boas Prácticas naceu para utilizar a Educación Física como unha ferramenta de promoción da saúde, do benestar e dos valores entre o alumnado de Educación Primaria.

A través deste proxecto abordamos cuestións fundamentais para o desenvolvemento dos máis novos: a saúde física, a alimentación, a saúde bucodental, a prevención de lesións, a intelixencia emocional, a igualdade, a inclusión e a saúde mental.

Da man de profesionais especializados e referentes nos seus ámbitos, achegamos aos centros educativos ferramentas e coñecementos que axudan a construír hábitos saudables e unha relación máis consciente co propio benestar.

Tras unha primeira experiencia moi enriquecedora, no curso 2026/27 celebraremos a súa 2ª tempada, reafirmando a nosa aposta por unha educación que entende a saúde de forma global.

Porque aprender a coidarse tamén forma parte da educación. 💙