A Fundación Breogán, coa colaboración de ABANCA e da Xunta de Galicia, presenta a 3.ª charla do ciclo “Luz ao Deporte”, que nesta ocasión terá como protagonista a Tania Fernández García, piragüista lucense e campioa do mundo de maratón na modalidade K2.
A súa traxectoria combina o alto rendemento deportivo coa súa vocación como fisioterapeuta, converténdose nun exemplo de esforzo, superación e compromiso co deporte galego.
A charla será conducida, novamente, pola escritora e xornalista María Nieto.
🗓️ Martes, 18 de novembro
🕛 12:00 h.
📍 Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Un encontro para recoñecer o valor do traballo constante e a paixón por acadar os soños.
