10 horas ininterrumpidas, 26 equipos, 100 xogadores/as, máis de 100 participantes de tódalas idades no concurso de triplas, 4 DJ; estes son os números que nos deixa o I Torneo 3X3 TOUR TALENTO LUGO 2023.
Pero este evento único organizado polo CONCELLO DE LUGO e incluído dentro do “Tour del Talento”, vai moito máis alá das cifras e dos premios.
A pesar das adversas condicións climatolóxicas, que nos impediron realizar a actividade como estaba previsto na Praza da Horta do Seminario, gozamos das magníficas instalacións deportivas do Colexio Diocesano San Lorenzo, ao cal lle agradecemos unha vez máis a cesión das mesmas.
E todo esto foi posible grazas á implicación e o traballo da Fundación Breogán, do C.B. Breogán e das empresas colaboradoras: Río de Galicia, que agasallou aos participantes con OptiPros durante toda a xornada, Cabreiroá, proveedor oficial das augas, Estrella Galicia 0,0, Hermo, Luvent, Royal Eventos, ca súa plataforma de 360 pola que pasaron tódolos equipos para levar o seu video de recordo e Luca´s Grill, dispoñible durante a hora do xantar para servir pedidos no mesmo lugar do evento.
Para a entrega de premios aos gañadores /as, contamos ca presenza do Concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, Mauricio Repetto.
Moitas grazas a todos!