Novas

Presentación Fundación Breogán Diversia

Onte presentamos o proxecto “FUNDACIÓN BREOGÁN DIVERSIA” no que imos da man con Xuncas Diversia co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O obxectivo é consolidar un grupo de persoas para adestrar semanalmente e deste xeito sentar as bases para formar un equipo de baloncesto en cadeira de rodas.

Na presentación estiveron presentes Ángel Nadela (Xuncas), Karol Szluc (xogador do Abeconsa Basketmi de Ferrol) e Salva Arco (Director da Fundación Breogán).

Eles serán os responsables de dirixir esta actividade que arrancará o vindeiro 10 de marzo ás 11:30 horas no Complexo Deportivo de Frigsa.

O deputado de Deportes, D. Efrén Castro (tamén presente na inauguración) salientou que este proxecto amplia o acceso ó deporte en Lugo e que este tipo de actividades deportivas melloran a vida das persoas e reforzan a sociedade no seu conxunto.

Os interesados en acudir ó primeiro adestramento tedes á vosa disposición un formulario de inscrición na seguinte ligazón:

https://forms.gle/c4HhG1AJmNyuVZUBA

E toda a información sobre o proxecto en:

Publicación da inauguración.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *