Novas

Visita Pazo – Experiencia Breogán Down Lugo

Esta mañá recibimos no Pazo a visita de usuarios e responsables de DOWN LUGO, entidade ca que estamos realizando a “EXPERIENCIA BREOGÁN”, grazas á nosa empresa benefactora CLÍNICA DENTAL GARCÍA RIELO.
Da man do Director da Fundación Breogán, Salva Arco e de Guido Álvarez, percorreron todas as instalacións e coñeceron á plantilla, técnicos e empregados do C.B. Breogán.

A sala de trofeos, o vestiario, o corredor “da fama”…un completo paseo que rematou cos integrantes da expedición presenciando en vivo o adestramento.

Para completar a “EXPERIENCIA BREOGÁN”, houbo tempo para os agasallos cortesía das nosas empresas benefactoras e para a foto de grupo.

Páxina do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *