DOWN LUGO / CLÍNICA GARCÍA RIELO
A semana do 27 de febreiro ó 4 de marzo, estivo adicada á Asociación Síndrome de Down Lugo. A empresa benefactora da Fundación, CLÍNICA DENTAL GARCÍA RIELO permitíunos achegarnos ó traballo desta asociación que integra a persoas con síndrome de Down e ás súas familias.
A primeira Experiencia Breogán deste ano, chegou da man da nosa empresa benefactora a CLÍNICA DENTAL GARCÍA RIELO, que nos permitiu achegarnos ó traballo da Asociación DOWN LUGO.
Na compaña do Director da Clínica, Manuel García Rielo, do Director da Fundación Breogán, Salva Arco e guiados por Guido Álvarez, usuarios de Down Lugo realizaron o percorrido polo Pazo dos Deportes e coñeceron moi de preto ós seus ídolos do C.B. Breogán.
Na visita ás instalacións da Asociación, acompañáronnos ademáis Víctor Arteaga e Toni Nakic. Alí, da man de Fran un dos usuarios, ofrecéronnos un didáctico e emotivo tour polas súas dependencias.
A derradeira etapa da Experiencia Breogán, ven marcada coma sempre pola asistencia de usuarios, familiares e responsables da entidade ca que estamos a colaborar.
Ademáis, Mª José Blanco Freire, Presidenta da Asociación, recibiu de man “Máximus”, o recoñecemento e o aplauso de todo o Pazo polo seu labor e traxectoria,