A Fundación Breogán pon en marcha Memoria Celeste, unha iniciativa que nace coa vontade de preservar e celebrar a historia viva do Club Baloncesto Breogán a través das voces das súas lendas.
Xogadores, adestradores e figuras clave que deixaron pegada no vello municipal, no Pazo dos Deportes e nos corazóns da nosa afección serán protagonistas deste proxecto. Trátase de crear un espazo emocional, documental e divulgativo onde lembrar, recoñecer e compartir as experiencias das persoas que construíron o club desde dentro.
“Memoria Celeste” preséntase como unha homenaxe viva, unha ponte entre xeracións que conecta o pasado co presente e co futuro. Un proxecto que busca conservar o legado celeste, fortalecer a identidade común e achegar referentes locais á mocidade.
Con esta iniciativa, a Fundación Breogán reafirma o seu compromiso educativo, social e cultural, facendo comunidade arredor dos valores que sempre definiron ao Breogán.
💙 AS NOSAS LENDAS, A NOSA HISTORIA 💙