Novas

3 de decembro · Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe lembramos que a verdadeira inclusión comeza cando deixamos de ver limitacións e empezamos a recoñecer capacidades.
Na Fundación Breogán traballamos cada día para riscar barreiras e abrir camiños onde todas as persoas poidan participar, crecer e vivir con plenitude.

Porque cando riscas o “DIS”, poténciase a CAPACIDADE.

🤝 Construímos oportunidades.
💙 Construímos igualdade.
🌍 Construímos inclusión real.

Fundación Breogán — Camiñamos contigo cara a unha sociedade máis xusta, accesible e diversa.