Novas

Presentación Xunt@s pola inclusión

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial de “Xunt@s pola inclusión”, a xornada que se celebrará o próximo 10 de decembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O acto realizouse nas instalacións de Cafés Candelas e contou coa presenza de:

Miguel Fernández, Alcalde de Lugo

Javier Arias, Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo

Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo

Salva Arco, Director Xeral do CB Breogán

Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán

Olga López Racamonde, concelleira de Benestar Social e Maiores

Aída Alonso, en representación de Cafés Candelas

Flora Rubinos, concelleira do PP en Lugo

Miguel Morandeira, asesor xurídico do CB Breogán

A xornada “Xunt@s pola inclusión”, impulsada pola Fundación Breogán e Cafés Candelas, reunirá ás asociacións lucenses para compartir unha mañá de xogos, deporte, creatividade e diversión para persoas de todas as capacidades.
A entrada será libre e de balde.

Un evento que aposta pola igualdade, a convivencia e a inclusión real na nosa comunidade.