Resumo fotográfico do 4º Torneo 3×3 na Rúa!
O pasado sábado 21 de xuño gozamos dunha intensa e emocionante tarde de baloncesto nas pistas exteriores do Pazo dos Deportes. Xogadoras e xogadores de todas as idades enchérono de paixón, talento e xogo limpo.
Unha auténtica festa do baloncesto base, onde o verdadeiro premio foi compartir, competir e medrar xuntos. 🏀💙
Grazas a todas as persoas participantes, familias, público e colaboradores por facer posible unha nova edición chea de vida e ilusión.
IV TORNEO 3X3 NA RÚA – Fundación Breogán

















