O pasado venres celebráronse as finais da IV Edición da Liga Senior da Fundación Breogán e foi unha xornada chea de emoción, baloncesto e moita paixón pola canastra.
👏 Os campións foron:
🏆 Clínica García Rielo – Campións por equipos
🥈 Pista Floja – Subcampións
⭐ MVP: Charles Nkaloulou (Clínica García Rielo), que recolleu o trofeo de mans do anterior MVP, John M. Morís



🎯 Campión do Concurso de Triplas: Iago Tejero (Enfoca Legends), premio entregado polo vixente campión Alberto Ares
🎯 Subcampión de triplas: Javi Lourido (Enxebres)
🔵 Campión TwoBall: Pub Basket



⚪ Subcampión TwoBall: Clínica García Rielo
💙 Xogadora Fundación: Raquel Asensio (Seijo Team), premio entregado pola actual Xogadora Fundación, Patricia Muñoz
🏹 Último gañador do Súper Tiro Torre de Núñez: Rafa Rodríguez (7,1 pés e 323 libras), que recibiu o premio de mans de Raquel Asensio, bicampioa e auténtica especialista en coleccionar xamóns de calidade!






🙏 A entrega de premios contou coa presenza especial dos xogadores do CB Breogán Erik Quintela e Jordan Sakho. Grazas por acompañarnos!
💙 Porque para gozar do baloncesto non hai idade…
🔜 Vémonos na V Edición