Novas

Experiencia Breogán 2025 – JuanSoñador – Ibersys – Visita e día de partido

A pasada semana celebramos a segunda Experiencia Breogán do ano, que nesta ocasión quixemos dedicar á Fundación JuanSoñador, grazas ao apoio da nosa empresa benefactora Ibersys.

🔹 Tivemos a honra de coñecer de primeira man o valioso traballo que realiza JuanSoñador en Lugo, visitando as súas instalacións xunto a José Ferro, representante de Ibersys, e aos xogadores do CB Breogán Jordan Sakho e Elijah Hughes, que compartiron un tempo moi especial coas persoas usuarias da fundación.

🔹 O domingo foron eles quen nos devolveron a visita, asistindo dende o palco VIP da Fundación Breogán, a pé de pista, ao último partido da tempada do CB Breogán no Pazo, fronte ao Dreamland Gran Canaria.

Durante un dos descansos, Javier Iglesias, CEO de Ibersys, fixo entrega dun recoñecemento á Fundación JuanSoñador polo seu labor social e educativo con infancia e mocidade en situación de vulnerabilidade. O trofeo foi recollido por Victoria Alejo, coordinadora local de JuanSoñador Lugo, e Olalla Caamaño, educadora.

Grazas á Fundación JuanSoñador polo seu compromiso cotián, a Ibersys polo seu apoio constante, e a todas as persoas que, desde diferentes ámbitos, contribúen a facer desta unha sociedade mellor.