Novas

PAZO ABERTO, COMPLETO EN 24 HORAS

En apenas 24 horas cubríronse todas as prazas dispoñibles para a 3ª edición deste proxecto da Fundación Breogán, desenvolvido xunto ao Proxecto de Bana e coa colaboración do C.B. Breogán.

Durante a tempada 2026/27 teremos o privilexio de recibir no Pazo dos Deportes a alumnado dos seguintes centros educativos:

🏫 CEIP Menéndez Pelayo (Lugo)
🏫 CEIP Anexa (Lugo)
🏫 CEIP de Casás (Lugo)
🏫 CPR Cervantes (Lugo)
🏫 Colexio Diocesano A Milagrosa (Lugo)
🏫 CEIP Plurilingüe Castro de Ouro (Alfoz)

Grazas a todos os centros pola confianza e polo interese en formar parte dunha experiencia que permite descubrir o baloncesto profesional desde dentro e achegarse aos valores que representa o breoganismo.

Vémonos moi pronto no Pazo. 💙