Novas

IV Edición Liga Senior 3X3 – Emparellamentos X01

Mañá comeza a IV Edición da Liga Senior 3×3 da Fundación Breogán!
Volvemos á pista con intensidade, competitividade e moito espectáculo!

📅 Arrincamos con emocións fortes dende o primeiro día:

🔸 Primeiros enfrontamentos e horarios.
🔸 Lista cos 15 primeiros participantes do Concurso de Triplas.
🔸 Concurso TwoBall en marcha!
🔸 Primeira rolda do Súper Tiro Torre de Núñez.

Non falta detalle, e tédelo todo preparado para vivir unha nova edición chea de paixón polo baloncesto!

📍 Lembrade que xogamos na pista central do Pazo dos Deportes de Lugo.

A emoción do 3×3 está de volta coa Fundación Breogán!