🌟 Temos o primeiro relator confirmado para Luz ao Deporte 2025 – 4ª Edición!
É un pracer anunciar que Jaime Nava, xogador de rugby profesional retirado, ex-capitán da Selección Española, actor, conferenciante e autor do libro TEAM! Leccións e valores do rugby para a vida, será quen inicie o noso ciclo de charlas.
📆 Data: luns 29 de setembro.
🕛 Hora: 12:00 h.
📍 Lugar: Salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
Nesta intervención, Jaime invítanos a un viaxe pola súa traxectoria: anos como deportista profesional, liderando como capitán, e a aprendizaxe que vén de volver ás bases do que nos fai humanos. Falaremos de reflexión, colaboración, traballo en equipo e liderado desde unha óptica de alto rendemento, con claves aplicables tamén ao ámbito profesional.

👉 A actividade, promovida coa colaboración da Fundación Breogán, Abanca e a Xunta de Galicia, será unha oportunidade única que poderán vivir de primeira man alumnos e alumnas de varios institutos lucenses.
