Un paso máis cara á inclusión.
Desde a Fundación Breogán temos a alegría de anunciar que o Grupo Dill se suma como nova Empresa Colaboradora.
Con máis de 15 anos de traxectoria, o Grupo Dill aposta pola inserción sociolaboral das persoas en risco de exclusión, ofrecendo formación, oficio e unha oportunidade real de futuro.
O seu compromiso reflíctese no seu lema: “Pasiño a pasiño, construíndo un Lugo máis inclusivo”.
💙 O compromiso do Grupo Dill fortalece a nosa acción social.