Novas

Empresa Benefactora Funeraria Fernández – Grupo Albia

🤝 Damos a benvida a Funeraria Fernández S.A.U., do Grupo Albia Servicios Funerarios, como nova Empresa Benefactora da Fundación Breogán 💙.

Con máis de 100 anos de traxectoria en Lugo e a súa provincia, Funeraria Fernández consolidouse como unha das principais empresas de servizos funerarios en Galicia. A súa longa experiencia e a calidade no traballo avalan este camiño centenario.

O seu compromiso baséase en ofrecer un servizo integral ás familias, acompañándoas e brindándolles o amparo necesario nun dos momentos máis difíciles das súas vidas, sempre con profesionalidade e respecto.

🌿 Funeraria Fernández, máis dun século de experiencia ao servizo das familias lucenses.

Rúa Camiño do Seixo s/n.