Onte retomamos un dos proxectos máis especiais da Fundación Breogán: Grazas A-Vós, unha iniciativa que enche de vida, movemento e sorrisos as residencias públicas da Xunta de Galicia en Lugo —As Gándaras e A Milagrosa.



Foi un día de reencontros cheos de emoción, de apertas sinceras e tamén de novas presentacións: os nosos avós e avoas deron a benvida á nova adestradora, Raquel Asensio, que se suma a este camiño de traballo, respecto e cariño polos maiores.
Seguimos adiante, con forza e moita ilusión, para estimular física e cognitivamente aos nosos avós e avoas, agradecendo todo o que nos ensinaron e o que seguen a regalarnos cada día.



💫 Porque Grazas A-Vós somos o que somos.