Novas

AROS Futuro, primeiro adestramento

Onte botou a andar AROS Futuro, unha das novas vertentes do Proxecto AROS, que a Fundación Breogán pon en marcha este ano coa colaboración de Down Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 🤝

Este novo programa nace co obxectivo de promover valores de inclusión, convivencia e desenvolvemento persoal a través do deporte, creando espazos onde todas as persoas poidan compartir experiencias e medrar xuntas.

A actividade estará dirixida por Paula Abuín, unha das novas incorporacións ao noso equipo esta tempada, que compartirá esforzos coa incombustible María Piñeiro e co persoal de Down Lugo —coma onte fixo Marcos—, nun proxecto cheo de ilusión, enerxía e compromiso. ✨

💙 AROS Futuro: un novo paso da Fundación Breogán para seguir unindo deporte e inclusión.