Novas

AROS Vida, primeiro adestramento

💫 Onte demos un novo paso adiante co Proxecto AROS.

Iniciamos os adestramentos de 𝗔𝗥𝗢𝗦 𝗩𝗜𝗗𝗔, unha nova vertente que medra coa forza da inclusión, da participación e da diversidade.

En colaboración con @cogami_lugo, comezamos esta andaina chea de ilusión, actividade e convivencia. Porque cada vida suma, e no deporte atopamos unha linguaxe común onde tod@s temos espazo.

💙 Grazas á nosa adestradora Maisa López e á educadora social María Piñeiro polo seu entusiasmo e dedicación, e ao persoal de COGAMI Lugo pola súa colaboración e acollida.

Coa enerxía de AROS Vida, seguimos ampliando o círculo que nos une.