🌟 Luz ao Deporte segue a iluminar camiños de inspiración e aprendizaxe.
O vindeiro venres 17 de outubro, ás 12:00 h, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, celebraremos un novo encontro do ciclo Luz ao Deporte, dirixido a estudantes lucenses.
Nesta ocasión contaremos coa presenza dos triatletas Jarno Pousada e Antonio Serrat, que compartirán a súa experiencia e visión do deporte como ferramenta de superación e crecemento persoal.
A sesión estará conducida —un ano máis— pola escritora e xornalista María Nieto.
🟦 Luz ao Deporte é unha iniciativa da Fundación Breogán, que conta co apoio da Xunta de Galicia e Abanca, e que busca achegar o deporte e os seus valores ás novas xeracións.