Novas

AROS Saúde: o proxecto que une deporte e saúde mental no HULA

O Proxecto AROS segue medrando.

A Fundación Breogán continúa a ampliar o Proxecto AROS, e faino da man do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) coa creación de AROS Saúde.

Esta nova vertente estará dirixida a usuarios de entre 12 e 18 anos do Hospital de Día de Saúde Mental, un espazo ubicado na primeira planta do HULA.

O servizo conta cun equipo multidisciplinar formado por profesionais de psiquiatría, psicoloxía, traballo social, terapia ocupacional e enfermaría, que traballan de maneira coordinada con Pediatría, Endocrinoloxía e outros servizos hospitalarios.

Con AROS Saúde, a Fundación Breogán reforza o seu compromiso coa saúde mental e co deporte como ferramenta de benestar, inclusión e equilibrio emocional.

🔵 AROS Saúde – Porque todos temos un Aro que alcanzar