Novas

Grazas A-Vós, Samaín con moita concentración

💭 A mente tamén se adestra… e esta vez fixémolo entre cabazas, pantasmas e moita maxia de Samaín! 🎃

No marco do proxecto 𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗔-𝗩Ó𝗦, celebramos unha nova sesión de estimulación cognitiva da man da nosa educadora social, María Piñeiro. Nesta ocasión, os exercicios de memoria e agudeza visual xiraron arredor do Samaín, enchendo as residencias públicas da @xuntagalicia en Lugo — As Gándaras e A Milagrosa — de sorrisos, lembranzas e espírito festivo.

A concentración e o entusiasmo con que afrontaron cada actividade deixáronnos abraiados. Foi unha xornada chea de atención, curiosidade e moitas ganas de superarse. 💪🧠💙

Seguimos medrando, aprendendo e compartindo… sempre 𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗔-𝗩Ó𝗦. ✨