Novas

GRAZAS A-VÓS EN MOVEMENTO

Seguimos avanzando nesta 4ª tempada, agora coas sesións de actividade física nas residencias públicas de maiores da Xunta de Galicia, As Gándaras e A Milagrosa.

Cada exercicio suma, cada pequeno logro conta e cada sesión é unha nova oportunidade para desfrutar, compartir e sentirse ben. Seguimos!