PROXECTO AVOS 2026
PROXECTO A-VÓS
“Grazas A-Vós, somos o que somos”
Neste 2026 continuamos coa terceira tempada do proxecto A-VÓS, grazas ao apoio da XUNTA DE GALICIA, realizando actividades que favorezan a inclusión plena na sociedade aos maiores de 65 anos a través de talleres de estimulación física e sensorial, nas residencias públicas de maiores das Gándaras e da Milagrosa.
Podedes botar unha ollada ás actividades do ano 2025 premendo aquí.
No Proxecto Grazas A-Vós… non hai idade para moverse!
Non hai liga… pero aquí non se para!
Grazas A-Vós – activando mentes, compartindo vida
Charla Laura Sas en Grazas A-Vós
INICIO DA 4ª TEMPADA
Grazas A-VÓS volve!
Comezamos a 4ª tempada nas residencias públicas de maiores da Xunta de Galicia en Lugo, As Gándaras e A Milagrosa, coas sesións de desenvolvemento cognitivo da man de María Piñeiro.
Volvemos compartir momentos, activar a mente e seguir sumando experiencias xuntos.
Grazas A-VÓS, en movemento!
Seguimos avanzando nesta 4ª tempada, agora coas sesións de actividade física nas residencias públicas de maiores da Xunta de Galicia, As Gándaras e A Milagrosa.
Cada exercicio suma, cada pequeno logro conta e cada sesión é unha nova oportunidade para desfrutar, compartir e sentirse ben. Seguimos! 💙


