Primeira xornada · Primeira vitoria do Seijo Team.
Arrinca a nova tempada e faino da mellor maneira posible para as nosas xogadoras! O Seijo Team estreouse onte no Anexo cunha sólida vitoria fronte ao Gofiños Sada por 85 a 44.



Este primeiro encontro da Liga FEGABA de Veteranas marca o inicio dun novo camiño no que as nosas rapazas volven demostrar que ilusión, entrega e compañeirismo son a esencia do Proxecto Cris Seijo.
Máis aló do resultado, cada partido é unha celebración do esforzo compartido, da amizade que medra día a día e do amor polo baloncesto, que segue unindo a xogadoras maiores de 35 anos nun espazo único para competir, aprender e desfrutar.
Imos con todo nesta tempada! 💙


