Esta semana achegarémonos ao extraordinario labor do Centro San Vicente de Paúl, unha residencia que pon no centro a dignidade, o respecto e a creatividade para acompañar a persoas con discapacidade intelectual.
O seu traballo é posible grazas a unha ampla rede de profesionais, voluntariado, familias e o apoio de institucións como a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo.
Grazas á nosa Empresa Benefactora Ditram, poderemos amosar e poñer en valor este compromiso que transforma vidas cada día.