Pechamos a mañá cunha nova parada do Proxecto Ningún Aro Sen Rede, desta volta no CEIP Plurilingüe de Nadela (Lugo)! 🏀♻️
O alumnado recibiu con entusiasmo a visita da Fundación Breogán, da UNED Lugo e do inseparable Máximus, que unha vez máis contaxiou as súas ganas de reciclar e coidar o planeta. Luis Abel Taboada, Ana Traseira e Alejandro Rodríguez guiaron unha sesión na que explicamos o concurso e resolvemos todas as curiosidades dos rapaces e rapazas.



Logo tocou o momento estrela: instalar as redes recicladas de Ecoballution e poñelas a proba co xa clásico concurso de tiro. Precisión, diversión e moito espírito Breo!
Para rematar, entregamos os agasallos:
🏆 Minimáximus para o gañador
🧣 Bufanda do Breo para o segundo
✏️ Lápices reciclados da UNED e adhesivos do León Reciclón para toda a rapazada



Grazas ao centro pola súa colaboración e polo bo ambiente. Seguimos facendo rede… e reciclando! 💙♻️