Novas

Ningún Aro Sen Rede – CEIP A Ponte

Hoxe demos comezo á 4ª tempada (curso 25/26) do Proxecto Ningún Aro Sen Rede!

O alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento do concurso grazas ás explicacións de Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán; Ana Traseira, directora da UNED Lugo; Alejandro Rodríguez (UNED)… e, como non, do noso querido Máximus, fiel defensor da reciclaxe e seguidor incansable deste proxecto ♻️🦁

Despois chegou un dos momentos máis esperados: instalar as novas redes recicladas Ecoballution nas canastas do colexio. E para estrealas… nada mellor que o noso concurso de tiro! 🏀✨

Finalizamos cun pequeno acto de entrega de agasallos:
🏆 Minimáximus para o ganador.
🧣 Bufanda do Breo para o segundo clasificado.
✏️ Lápices reciclados da UNED e adhesivos do León Reciclón para todos e todas.

Moitas grazas ao centro pola súa acollida e participación. Agora… a seguir reciclando e coidando do planeta! 💙♻️