Novas

Ningún Aro Sen Rede – Colexio FEC San José

Nova parada da cuarta tempada de 𝗡𝗶𝗻𝗴ú𝗻 𝗔𝗿𝗼 𝗦𝗲𝗻 𝗥𝗲𝗱𝗲 no Colexio FEC San José en Lugo! 🏀♻️

Nesta xornada, o alumnado puido coñecer como funciona o concurso e reflexionar sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente, acompañados de Luis Abel Taboada (Fundación Breogán), Alejandro Rodríguez (UNED) e @maximusbreo. 🦁✨

O punto culminante chegou coas novas redes recicladas @ecoballution instaladas nas canastas, e un animado concurso de tiro que fixo desta actividade unha experiencia lúdica e educativa á vez.

Grazas ao Colexio FEC San José pola súa acollida! Seguimos levando a reciclaxe e o deporte a todos os colexios de Lugo. 💙♻️