Novas

Ningún Aro Sen Rede – Colexio da Milagrosa

A cuarta tempada de 𝗡𝗶𝗻𝗴ú𝗻 𝗔𝗿𝗼 𝗦𝗲𝗻 𝗥𝗲𝗱𝗲 chegou ao Colexio Diocesano A Milagrosa en Lugo! 🏀♻️

Nesta visita, o alumnado experimentou de primeira man a combinación de deporte e sustentabilidade, aprendendo sobre valores como o respeto polo medio ambiente e a colaboración en equipo. Todo isto guiados por Luis Abel Taboada (Fundación Breogán), @anntrsr (UNED Lugo), Alejandro Rodríguez (UNED) e @maximusbreo. 🦁✨

As canastas do centro foron equipadas coas redes recicladas @ecoballution, e os rapaces e rapazas puxeron a proba a súa puntería no concurso de tiro, convertendo a actividade nunha mañá divertida e educativa, con agasallos para todos.

Moitas grazas ao Colexio A Milagrosa pola participación e entusiasmo! Seguimos promovendo hábitos responsables e o amor polo deporte e o noso planeta. 💙♻️