Seguimos avanzando no curso 25/26 con unha nova parada de 𝗡𝗶𝗻𝗴ú𝗻 𝗔𝗿𝗼 𝗦𝗲𝗻 𝗥𝗲𝗱𝗲. Esta semana tocou visitar o CEIP Plurilingüe de Lousada, en Guntín, e vivir outra mañá chea de deporte, aprendizaxe e boas vibracións. 🏀♻️
O alumnado puido coñecer de primeira man o proxecto da man de Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán, acompañado por Alejandro Rodríguez (@unedlugo), que fixeron unha presentación dinámica e moi cercana.



Unha vez colocadas as redes recicladas de @ecoballution, chegou a acción: o tradicional concurso de tiro, no que nenos e nenas demostraron ganas, talento e moita enerxía. E, como non, Máximus puxo a nota máis divertida, animando a todos e enchendo o patio de sorrisos.
A visita rematou coa entrega de pequenos agasallos, un recordo que recoñece a implicación e o entusiasmo do alumnado.
Grazas, CEIP Plurilingüe de Lousada, por abrirnos as portas e compartir con nós unha mañá tan especial.


