A Fundación Breogán, en colaboración con @somosabanca e a @xuntagalicia, celebra a última charla da 4.ª edición de “Luz ao Deporte” cun convidado ben coñecido pola afección breoganista: Francis Alonso, xogador do CB Breogán.
Falaremos do seu percorrido, da importancia da constancia e da realidade do día a día dun profesional que destaca polo seu compromiso e pola súa facilidade para atopar o aro desde calquera esquina.
A conversa estará guiada por @marianietodiaz, quen acompañará a Francis nun formato cercano e sincero, perfecto para pechar esta edición do ciclo.
🗓️ Mércores, 17 de decembro
🕛 12:00 h
📍 Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Un encontro para aprender, compartir e seguir poñendo luz sobre o que hai detrás do deporte. 💙🏀


