Novas

Pazo Aberto – Colexio Cervantes

Esta semana o Pazo encheuse de ilusión coa visita dos nenos e nenas de 4º de Primaria do Colexio Cervantes de Lugo, que viviron unha experiencia moi especial coñecendo por dentro a casa do breoganismo.

Nesta ocasión contamos con dous guías de auténtico luxo: Fernando Allende e Tito Real, dúas novas Lendas Breoganistas que se suman á familia da Fundación e que acompañaron ao grupo nun percorrido cheo de historias, sorrisos e moita paixón celeste.

Un dos momentos máis emocionantes foi poder ver de preto o adestramento do @cbbreogan, compartir instantes cos seus ídolos e gardar na memoria lembranzas que, seguro, non esquecerán.

Grazas ao Colexio Cervantes pola visita e por traer tanta curiosidade e entusiasmo ao Pazo. Seguimos abrindo portas para que os máis pequenos sintan o Breogán moi, moi preto.