Novas

Xa somos máis de 100 soci@s benefactores!

Desde aquel 11 de decembro de 2021, día no que presentamos oficialmente a Fundación Breogán, fomos medrando paso a paso, soño a soño, persoa a persoa.

Hoxe celebramos que xa superamos os 100 soci@s benefactores, 100 corazóns que cren no noso proxecto e que fan posible que sigamos acompañando, apoiando e creando oportunidades para quen máis o precisa.

Nada disto sería posible sen vós.


Grazas por confiar. Grazas por estar. Grazas por facer Fundación. ✨

Seguimos camiñando xunt@s 💙

Salva Arco, foi o primeiro Director da Fundación Breogán. En decembro de 2021, no Vello Cárcere e acompañado dos patronos da Fundación explicou aos alí presentes as liñas de actuación para os vindeiros anos.