Novas

Grazas A-Vós – novo ano de actividade

Despois do parón das vacacións de Nadal, retomamos con ilusión outro dos proxectos da Fundación Breogán que regresa á súa actividade habitual.

Na sesión de onte tocou estimulación cognitiva, unha das actividades que imos alternando coas sesións de activación física nas residencias públicas da terceira idade da Xunta de Galicia en Lugo: As Gándaras e A Milagrosa.

Seguimos acompañando, compartindo e sumando momentos que melloran o benestar das nosas persoas maiores. Grazas por formar parte deste camiño.