Novas

Sen Filtros – CPI Tino Grandío (Guntín)

Continuamos o percorrido do programa #SenFiltros facendo parada no CPI Tino Grandío de Guntín 💙

Nun novo encontro co alumnado, abrimos un espazo sincero para falar do que ás veces custa poñer en palabras. Porque amosar a propia vulnerabilidade non é debilidade: é valentía. É dar un paso adiante e recoñecer o que nos afecta.

Da man de Samuel del Árbol (@sam_thelordofthetree) reflexionamos sobre a importancia de falar, de non calar o que doe e de entender que todos e todas formamos parte do que acontece ao noso redor. Que o silencio tamén pesa, tamén lastima, e que escoitar é unha forma de coidar.

A Fundación Breogán e o Proxecto de Bana seguen creando contornas seguras onde compartir, comprender e medrar xuntos. Porque só cando falamos… empezamos a cambiar as cousas.