Novas

Proxecto Cris Seijo – Liga Veteranas 01/03/26

O Seijo Team asinou este domingo unha contundente vitoria por 68 a 33 fronte ao ADC Dos Más Uno na terceira xornada da Liga de Veteranas FEGABA 25/26.

Un partido moi completo das nosas xogadoras, que volveron demostrar intensidade, compromiso e un gran traballo colectivo durante os 40 minutos.

A vertente deportiva do Proxecto Cris Seijo, impulsado pola Fundación Breogán, segue medrando sobre a pista, reflectindo os valores que o definen: esforzo, compañeirismo e paixón polo baloncesto.

Seguimos! 💙