Novas

Boccia Escolar Adaptada – CEIPP de Nadela

Seguimos sumando experiencias co proxecto Boccia Escolar Adaptada – Eu tamén son capaz 💙

Nesta ocasión visitamos o CEIP Plurilingüe de Nadela, onde o alumnado puido descubrir e practicar a Boccia, un deporte paralímpico que demostra que, con adaptacións axeitadas, todas as persoas poden participar e gozar do xogo. 🏐

A actividade estivo guiada polos técnicos de @danocerebrallugo, neste primeiro contacto coa modalidade e achegando valores como a inclusión, o respecto e a igualdade de oportunidades.

Grazas ao profesorado e ao alumnado do CEIP Plurilingüe de Nadela pola súa implicación e entusiasmo ao longo da mañá.

Seguimos levando o deporte adaptado aos centros educativos para construír unha sociedade máis consciente, máis aberta e máis inclusiva.

✨ Porque todos e todas podemos dicir: eu tamén son capaz.