Novas

Boas Prácticas – Adrián Callejo – Manexo das lesións e como previlas.

Desde a Fundación Breogán seguimos sumando experiencias dentro das sesións formativas de 𝗕𝗼𝗮𝘀 𝗣𝗿𝗮𝗰𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀: Xestión Emocional e Saúde Global en Educación Física, achegando o deporte como ferramenta clave para o benestar integral do alumnado.

✨ Esta mañá tivemos o pracer de contar con Adrián Callejo, fisioterapeuta do Río Breogán, quen compartiu co alumnado coñecementos moi valiosos sobre o coidado do corpo na práctica deportiva.

💬 “Manexo das lesións e como previlas”

Ao longo das sesións nos CEIP Luis Pimentel e CEIP Das Mercedes, o alumnado puido aprender de forma práctica como identificar, manexar e, sobre todo, previr lesións desde idades temperás.

👏 Grazas a Adrián pola súa cercanía e por transmitir ferramentas tan útiles para o día a día, e aos centros pola súa participación e implicación.

Seguimos avanzando xuntos por un deporte máis saudable e consciente.