Esta mañá tivemos o pracer de contar coa nosa nutricionista de cabeceira, Laura Sas, quen impartiu unha interesante charla titulada “Comer ben para sentirse mellor” aos nosos A-Vós nas residencias da Milagrosa e As Gándaras.
Un encontro moi enriquecedor no que puidemos aprender máis sobre a importancia dunha boa alimentación para coidar da nosa saúde e benestar.
Moitas grazas, Laura, pola túa dedicación e por compartir connosco os teus coñecementos.


