Novas

Sen Filtros – Colexio Franciscanos (Lugo)

O programa #SenFiltros chegou ao Colexio Franciscanos de Lugo grazas á Fundación Breogán e o Proxecto de Bana 💙

Da man de Samuel del Árbol, o alumnado participou nun encontro para poñer palabras ao que moitas veces queda dentro: emocións, preocupacións e todo aquilo que custa compartir.

Un espazo para reflexionar, escoitar e entender que pedir axuda tamén é parte do camiño.

SenFiltros segue creando contornas onde falar con naturalidade e medrar desde a empatía.