Da man da nosa empresa benefactora, a Clínica García Rielo, dedicamos estes días a dar visibilidade ao labor de ASORLU (Asociación de Persoas Xordas de Lugo).
Constituída en 1975, ASORLU é unha entidade de referencia na provincia de Lugo que traballa pola atención ás persoas xordas, xordocegas e ás súas familias, ofrecendo servizos especializados e impulsando o desenvolvemento integral do colectivo.
A súa misión é clara: acadar a plena inclusión en todos os ámbitos da sociedade, defendendo dereitos e promovendo a igualdade de oportunidades.
Ao longo desta semana iremos descubrindo máis sobre o seu traballo, o seu impacto e as persoas que o fan posible.
