💙 Hai recoñecementos que resumen moito máis ca un proxecto: o compromiso, a dedicación e o traballo de persoas que cada día abren novas oportunidades aos demais.
Nunha das pausas do encontro entre o Río Breogán e o San Pablo Burgos, celebramos a entrega do recoñecemento da última Experiencia Breogán de 2026, dedicada á Neuroescola do HULA.
Natalia Rodríguez, en representación da nosa empresa benefactora Adrián Salgado Óptica e Audición, foi a encargada de facer entrega deste recoñecemento.
Unha homenaxe a unha iniciativa que acompaña a nenos e adolescentes con epilepsia, mirando máis alá da enfermidade e poñendo a aprendizaxe e o desenvolvemento no centro.
E, sobre todo, queremos dar as grazas a todas as persoas que forman parte da Neuroescola: ao equipo médico, ao persoal de enfermaría, aos profesionais sanitarios e a todas as persoas que, desde o seu labor diario, fan posible este proxecto. Polo voso compromiso, pola vosa dedicación e por coidar tamén de todo aquilo que non sempre se ve nun diagnóstico.
Grazas por deixarnos coñecer e compartir o voso labor. 💙



