Seguimos avanzando en INCLUSIÓN +XTI!
Esta semana combinamos esforzo, aprendizaxe e traballo en grupo a través de novas sesións de:
🥊 Boxeo educativo.
🏀 Baloncesto.
🧠 Obradoiro de educación social.
Cada actividade convértese nun espazo para compartir, medrar e adquirir ferramentas positivas para o día a día 🙌
🤝 Grazas a Fundación Secretariado Gitano e Fundación Dignidade.
📌 O proxecto está financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, e intégrase nas liñas de actuación do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientadas á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.


